Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña Federación prepara un spot para promocionar as compras na comarca

A Mariña, 10 de maio de 2016. A Mariña Federación prepara un anuncio para promocionar o comercio e a hostalería da comarca e busca aos protagonistas dese vídeo. A Federación de Comercio A Mariña realizará un casting a fin de semana do 22 maio no hotel spa Galatea, de Burela.

Desde o colectivo explican que “poden achegarse todas aquelas persoas interesadas en converterse en protagonistas do noso anuncio. Necesitamos homes e mulleres con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, nen@s de entre 4 e 6 anos e tamén extras. É preferible que teñan algunha experiencia diante da cámara ou en interpretación, aínda que non é imprescindible”. Na Mariña Federación sinalan que “buscamos xente inquieta e participativa e que teña moitas ganas de promocionar a nosa comarca e o seu sector comercial e hostaleiro”.

As persoas interesadas en acudir ao casting da Mariña Federación poden inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico: castingfcam@emarela.com A ese email deberán enviar os seus datos persoais: nome, idade, dirección, experiencia se a teñen e fotografía recente.

A Mariña Federación fai un chamamento á participación nesta iniciativa.

Exit mobile version