Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia do Torno, en San Cibrao, acollerá unha xornada de paddle surf dirixida a moz@s a partir de 12 anos este venres, día 6

Cartel paddle-surf CervoCervo, 2 de maio de 2016.- A praia do Torno, de San Cibrao, acollerá unha xornada dedicada ao paddle surf este venres, día 6, a partir das 17:30 horas. Esta actividade, dirixida a mozos e mozas a partir de 12 anos de idade, está organizada pola Delegación Municipal de Xuventude, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que os interesados en participar deben inscribirse previamente.

Poden apuntarse na Casa do Mar, de San Cibrao, chamando ao teléfono 691.65.66.00 ou a través do correo electrónico dinamizacion@concellodecervo.com.

A actividade será impartida por Limosa Surf School.

Exit mobile version