Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación das Letras Galegas en Viveiro comeza este venres coa proxección dun documental sobre Manuel María

As actividades do Concello de Viveiro para celebrar o Día das Letras Galegas dedicadas ao poeta Manuel María dan comezo o venres 6 de maio coa proxección dun documental sobre a vida de Manuel María no Teatro Pastor Díaz a partir das 21.00 horas con entrada gratuíta.

A compañía Trinke Trinke Teatro representará “Os Soños na Gaiola” tamén no Teatro Pastor Díaz o sábado 7 de maio a partir das 18.00 horas con entrada de galde.

Xa o luns 16 de maio, un ensemble da Banda Municipal O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de música de autores galegos no Multiusos do Concello de Viveiro a partir das 21.00 horas.

E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, o grupo Sons de Celeiro e a Coral Alborada de Viveiro realizarán unha actuación na praza da Fontenova a partir das 12.00 horas.

Colaboran: Librería Neira-Brochs, Librería Porta de Vila, ACD Penalba, Banda Municipal O Landro e Coral Alborada de Viveiro.

Exit mobile version