Site icon Crónica3.com A Mariña

A Unión Europea premia a boa xestión do Goberno Progresista da Deputación con 167.000 euros

A Unión Europea vén de premiar, unha vez máis, a boa xestión do Goberno Progresista da Deputación concedendo 167.000 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Así o comunicou o Deputado de Innovación e TIC’s, Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, que explicou que “Europa recoñece o traballo levado a cabo polo organismo provincial no ano 2010, cando puxemos en marcha a web de Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense www.idealugo.es, coa que a Deputación traslada ao Ministerio de Política Territorial información relativa ás infraestruturas dos concellos da provincia como mapas, estradas, datos de equipamentos municipais, saneamento e abastecemento, ou comunicacións, entre outros”.

Rivera Capón subliñou que “para a posta en marcha do portal achegamos, en solitario, 361.758 euros para financiar os custes desta páxina coa que afondamos en aspectos como a transparencia e goberno aberto. Este ano, decidimos concorrer a unha nova convocatoria para captar fondos FEDER e, deste xeito, aforrar cartos. Europa recoñeceu o traballo ben feito con este iniciativa e decidiu financiar preto do 50% do custe total de www.idealugo.es”.

O Deputado salientou que “unha vez máis, volvemos a pasar con éxito auditorías que recoñecen a labor que facemos dende a Deputación de Lugo, nesta caso sobre o acceso libre á información pública sobre os concellos da provincia”. Rivera Capón remarcou que “non é a primeira vez que a Unión Europea decide premiar o traballo do Goberno Provincial de feito, esta é a xa a 4ª vez”.

IDEAL
A través da Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense (IDEAL) a Deputación ofrece información xeo-referenciada da provincia de Lugo a partires dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL). A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais segundo unha metodoloxía común, e conta coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.

Nesta páxina web pódese descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo dende o ano 1995 ata o 2012, ambas incluídas; ademais de acceder aos servizos Web Map Service e Web Feature Service que ofrecen a información da EIEL, sobre abastecementos, saneamentos ou equipamentos municipais como centros de saúde ou instalacións deportivas, entre moitos outros. Ademais, tamén conta cun visor de mapas interactivo no que se pode visualizar a toda esta información.

Neste portal tamén se ofrece un servizo de nomenclátor que permite a busca de máis de 9.400 entidades de toda a provincia de Lugo, agás o municipio de Lugo. Para cada entidade singular atopada danse datos como o seu código INE ou coordenadas que permiten ubicala xeograficamente.

Exit mobile version