Antonio Veiga sinalou “a importancia da realización da Xornada de Urbanismo para poder informar aos técnicos das entidades locais así como a calquer cidadán da provincia das novidades que supón a incorporación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia e a súa aplicación ao rural e as múltiples explotacións agropecuarias, que lembremos supón un dos grandes motores económicos da economía das comarcas da provincia de Lugo.
O Deputado- Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos trasladou ós seus parabéns ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pola boa coordinación das xornadas que abranguen temáticas moi importantes dentro do urbanismo local e que sen dúbida se vé reflexado na acollida por parte do público, pois superáronse con creces as nosas expectativas de afluenza e inscribíronse 250 persoas, facendo pequeno o Salón de Actos da Deputación e obrigándonos a habilitar a Sala de Exposicións e dispoñer dun proxector para poder seguir desde alí vía Streaming en directo a Xornada e facilitar as intervencións dos participantes se así o consideran oportuno”.
Antonio Veiga concluíu agardando que “este evento, ao igual que no seu momento o VI Encontro de Cooperación e Asistencia serviu para clarificar temáticas xurídicas que afectan ao eido local, sirva para dar resposta as interrogantes que tódolos asistentes formulen e en especial aos múltiples enxeñeiros, arquitectos e técnicos, como poden ser as actuacións que debe acometer un concello ante as novas competencias asumidas en materia urbanística ou como quedarán reguladas as actuacións en instalacións agrarias”
O Deputado de Promoción Económica, Álvaro Santos Ramos remarcou que esta xornada serve para reflexionar e poñer encima da mesa como se debe aplicar no rural , nunha provincia como a de Lugo, esta nova Lei do Solo. Nuns concellos que xá están acostumados a que se tomen decisións desde lonxe, que despois toca aplicar, tanto aos Alcaldes como aos técnicos que exercen a súa función. Ramos dixo que esta normativa hai que abórdala desde a perspectiva do ámbito da promoción económica e social, “queremos saber como vai influír esta lei no desenvolvemento e na planificación económica para a posta en marcha de iniciativas encamiñadas á implantación de políticas de mellora no tecido económico dos concellos, ou a designación de chan dotacional”.