Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para as probas de acceso de xuvenís e cadetes dende o mércores 18 de maio

Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista poderán formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a segunda semana de xuño. O prazo estará aberto entre o mércores 18 de maio e o luns 6 de xuño.

As persoas interesadas teñen á súa disposición o formulario na sede laranxa. Horario de atención ao público: De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Probas de acceso XUVENIL (nacidos en 1998-99-00)

→Mércores 8 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 18:30h.-20:00h.

→Xoves 9 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 17:30h.-19:00h.

Probas de acceso CADETE (nacidos en 2001-02)

→Mércores 8 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 17:00h.-18:30h.

ED Burela F Pescados Rubén 2016-17. Nos vindeiros días publicarase información sobre a apertura da matrícula para o curso 2016-17 da escola laranxa (Iniciación, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil).

Exit mobile version