Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña impartirá en Ourol, Burela, Verín e O Vicedo novos cursos de aplicador de produtos fitosanitarios

Burela, 20 de maio de 2016. Academia A Mariña impartirá novos cursos de aplicador de produtos fitosanitarios en Ourol, Burela, Verín e O Vicedo.

En Ourol devandito curso terá lugar os días 27 e 28 de maio e tamén 3 e 4 de xuño. En Burela e en Verín as datas de celebración serán 10, 11, 17 e 18 de xuño. E no Vicedo realizarase os días 1, 2, 8 e 9 de xullo.

As persoas interesadas en reservar praza poden facelo a través do seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.

Desde Academia A Mariña, o seu director, Ramón Hermida lembra que “desde o 26 de novembro do pasado ano, os traballadores que manipulen produtos fitosanitarios, ou vaian facelo, deberán recibir a formación esixida no manexo destes produtos”.

Academia A Mariña tamén impartirá en Verín o próximo mes de xuño un curso de benestar animal.

Exit mobile version