Site icon Crónica3.com A Mariña

AJE Lugo organiza un taller sobre a protección das marcas e outros activos inmateriais da empresa

Lugo, 20 de maio de 2016. A protección das marcas e doutros activos inmateriais da empresa será obxecto de análise e debate en último taller formativo que a Asociación de Novos Empresarios de Lugo organiza o vindeiro venres 27 de maio, ás 10.00 horas, na sede da Fundación CEL. Tal e como explica o presidente de AJE Lugo, Juan Manuel López Labrada, esta xornada pretende ser “unha pequena aproximación ao mundo da propiedade industrial que nos permitirá coñecer moito mellor aqueles activos inmateriais que poden ser obxecto de protección”.

Manuel Veiga Ónega, do estudo legal Global Iuris, será en encargado de impartir unha formación na que tamén se analizarán algúns dos problemas máis comúns que existen con outras figuras como poden ser as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas.

Información e inscricións
Os empresarios ou emprendedores interesados en participar neste taller teñen ata o mércores 25 para inscribirse. Poden facelo chamando ao 982 224 699 ou ben enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a info@ajelugo.com. Tamén poden contactar directamente con AJE Lugo a través do seu perfil en Facebook.

Exit mobile version