Site icon Crónica3.com A Mariña

Álex Villalba, campión da Toxiza Classic Xtreme

aleÁlex Villalba conseguía dúas medallas para o club atletismo Lourenzá o domingo 1 de maio na dura carreira de montaña “Toxiza classic Xtreme” celebrada en Mondoñedo coincidindo coa Feira e Festas das Quendas.

A pesar de que é a primeira vez que Álex corre unha proba de montaña, porque prefire o asfalto, conseguía entrar primeiro en meta tanto da xeral absoluta como da súa categoría sobre unha distancia de 19 escravos km nun tempo inferior a 2 horas e entre máis de 130 participantes dos que unha parte non alcanzarían a meta.

O Club Atletismo Lourenzá achegaba a esta proba o maior número de participantes en canto a membros dun mesmo club se refire repartidos en diferentes categorías: ALEX, MARCOS, PACHI, RUBÉN GARCIA, LOLI, MARISA, GAVIN, MOISÉS e LASTRA lograron participar e terminar esta edición da Toxiza na que só MARCOS se atrevía coa distancia de 42 km, cunha lesión no km 14 que lle entorpeceu o percorrido e aínda así entrou noveno da xeral e sétimo da súa categoría.

O CLUB obtivo outros dous podios na categoría de “deportistas locais”. Marisa foi a única atleta feminina mindoniense en atreverse con esta carreira e por tanto primeira local en entrar en meta, mentres Marcos entraba detrás do mindoniense Xan Rodriguez e por tanto obtiña o premio ao segundo atleta local masculino.

Achegamos fotos na seguinte orde: Marcos durante a proba de 42 km, Alex no podium da carreira de 19 km, Marcos e Xan Rodriguez recollendo o premio como atletas locais, Marisa primeira e única mindoniense en participar na proba e resultados dos compañeiros.

Exit mobile version