Site icon Crónica3.com A Mariña

Alta participación e gran nivel para a VI Ruta BTT Rei Cintolo

Gran número de participación e alto nivel para a VI Ruta BTT Rei Cintolo e II Proba do Open de Galicia XC Maratón que se celebrará o domingo 8 de maio en Mondoñedo.

Máis de 250 ciclistas chegados de toda a xeografía galega e asturiana congregaranse na cidade episcopal. Entre eles atópanse os ciclistas que dominan as clasificaciós da zona noroeste de España e que se atopan máis en forma. En Mondoñedo estarán, entre outros: o líder do Open, David Ovin, do Team Bike Cabranes, que pelexará con Manuel Angel Parada VI 3 C.V, segundo na clasificación; e co incombustible Javi Busto, do FRIGORÍFICOS BANDEIRA-EXTOL TEA, terceiro clasificado do campionato.

Outros ciclistas de calidade que contan con trofeos nas súas vitrinas participarán tamén na proba: ALEJANDRO TRASBACH, DIEGO ÁLVAREZ, ALBERTO MANUEL TúÑEZ, Borja Cuendias, Miguel Ángel Arias, Manuel Carrelo, etc. E, na categoría feminina, destaca a presencia da líder do campionato: Teresa Barreira e Isabel Picoaga, a representante do club organizador CC 7voltas, que marcha terceira na categoría master.

O percorrido do Open consta de dúas voltas a a un circuito de 33 quilómetros aproximadamente e 1.200m de desnivel positivo. Os ciclistas partirán da praza da Catedral para adentrarse pola ruta da auga pasando polo lado do sendeiro que da entrada á Cova do Rei Cintolo, logo subirán á parte máis alta do percorrido, o Cristo do Fiouco de 753m, e dende alí afrontarán un longo descenso ata o barrio dos Muíños ao que se entrará pasando pola bonita ponte do Pasatempo, para rematar de novo na praza da Catedral de Mondoñedo.

Exit mobile version