A que se debe?
O certo é que os temporais inflúen si, sempre se descarnaron de areas as praias durante o inverno e se repuxeron solas nos veráns, pero ultimamente a cousa esta a cambiar xa non se repoñen as praias, a area non volve na medida na que se vai.
A pesares de estas conclusións, que poden ser discutibles ou non, podemos ler dende xa vai tempo as queixas dos concellos mariñaos respecto das perdidas das súas praias, e as súas posibles solucións a cada cal mais pintoresca; que si mover area de aquí para ali, que si sacala de unhas zonas de dunas protexidas, que si deixar a ver si se repoñen solas, que si facer un dique de contención, que si moven area teñen denuncia ecoloxista ou dos surfistas como pasou en Mundaka – Euskadi recentemente, etc, etc, etc …
Ben en Foz se algo nos sobra e que estamos desexando nos saquen de enriba é area. Area de cunchas, limpa e pura, area fina e branca de alta calidade para as praias, a mesma area que nutre a praia da Rapadoira e Altar ambas con bandeira azul dende fai moitos anos.
Area de fácil extracción e que sin ser a solución final para os males da nosa ría (isto merece un capitulo aparte), esta aliviaría a situación actual de afogamento da nosa ría. Non falamos do dragado dos peiraos, non falamos deses fangos, falamos de area que xa no seu tempo se usou para facer a praia de bandeira azul do Portelo en Burela ou para reencher a praia de altar en Barreiros ou a mesma praia da Pampillosa en Foz. Area que se sacou da ría de Foz da sua canle, area que vai dende os antigos estaleiros ata a punta do faro da praia da Rapadoira.
En fin… que en Foz temos area para repoboar tódalas praias da mariña. E que se queren seguir loitando contra o inevitable e rexenerar as praias, so teñen que vir buscala que estamos desexando sacala da nosa ría, onde unha vez máis, por culpa da man do home entra pero non escapa. Curiosa antítese co que pasa nas nosas praias…
Asociación a Ribeira de Foz
Pte. Alberto Burundarena Maseda