Site icon Crónica3.com A Mariña

As infantís do Maderas Barcia Lourenzá, ao galego por equipos

infantis-louO Equipo Infantil do Maderas Barcia Lourenzá participará este domingo 22 de maio en Elviña no Cto. Galego por Equipos xunto á Agrupación Viguesa, Atletismo Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Atletismo Femenino Celta, Olímpico de Vedra, Franciscanos de Lugo, Riazor, Ourense Atletismo, Club Atletismo Sada, Vila de Cangas, Atletismo Friol, C.N. Cedeira, Marineda, Universidad Santiago, Lucus Caixa Rural Galega, Coruña Comarca, Millaraio e Ría Ferrol.

O obxectivo do equipo céntrase en mellorar o oitavo posto conseguido na pista cuberta esta temporada e de estar competindo cos mellores clubs de Galicia unha temporada máis.

A distribución das balas salvo cambios de última hora será:
– Ainara Rguez: A 150 e 1000
– Alba Alonso: A 80 e 80 valados
– Ainhoa López: Lonxitude e Triple.
– Ana Vallines: Altura e 3000.
– Hiba Bouyzar: 1000 obstáculos e relevo.
– Carme Alonso: Relevo.
– Marta Alonso: 220 vallas e relevo
– Uxía Salvatierra: marcha
– Mariña Salvatierra: 500 e relevo
– Mencía Mtnez-Sierra: Peso e disco
– María Vallines: Martelo e Xabalina.

Control de marcas en Lugo para cadetes e xuvenís
Os cadetes e xuvenís acudirán este sábado 21 de maio ao control de marcas que terá lugar en Lugo nas pistas Gregorio Pérez. Buscarán marca mínima para o Campionato galego: Irene García en 300 e xabalina, Cristian Piñeiro en triple e 300, Lidia Barreira en altura e lonxitude, Nerea Bajatierra a peso, Genito Pérez a 100, 2000 obstáculos e altura, Pablo Irimia en 1500 lisos, Luís Pérez a 2000 obstáculos, Andrea Cancio a 100 lisos e Bruno Santos a martelo e disco.

Exit mobile version