Site icon Crónica3.com A Mariña

Balance “moi positivo” da Festa das Flores en Xove

Xove, 3 de maio de 2016. A Aciam de Xove fai un balance moi positivo da Festa das Flores, que se celebrou esta pasada fin de semana en Chao da Aldea.

Desde a directiva subliñan que “o bo tempo axudounos moito e poidemos gozar do pregón, da música, do teatro, dos xogos populares, do xantar e tamén dos interesantes sorteos realizados”.

A Aciam de Xove tivo palabras de agradecemento “para o pregoeiro, Roberto Vilar, para todos os locais, que se adornaron para celebrar a Festa das Flores, a todas as persoas e firmas que quixeron colaborar con nós nesta cita e a todas as persoas xovenses e foráneas, que se achegaron a saborear as tapas, ás ofrendas que tivemos o sábado, aos concertos… en resumen a todos e todas os que dun xeito ou doutro se achegaron a Xove estes días”.

O gañador do concurso de escaparates, que se desenvolveu no facebook, é dicir aquel que reuniu máis “me gusta”, foi o de Panadería Pastelería Cafetería Maral. Aciam da “as grazas a todos e todas por participar nesta convocatoria”.

Exit mobile version