Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro: “Hoxe é un día grande para A Mariña e os seus veciños”

Burela, 2 de maio de 2016.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro dixo que “hoxe é un día grande para A Mariña e para os seus veciños e veciñas” tras participar no acto de presentación e inicio das obras de ampliación do Hospital da Costa, en concreto, coas primeiras catas xeolóxicas.

O dirixente popular agradeceu a visita efectuada polos conselleiros de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que xunto a destacados cargos institucionais da comarca e membros da empresa adxudicataria explicaron in situ en que consistirán as actuacións a desenvolver no Hospital público da Mariña lucense.

“Deu comezo a obra máis esperada e demandada polos veciños e veciñas da Mariña lucense, que se completará este verán. Esta actuación era un compromiso do Partido Popular e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, coa comarca e ese compromiso, a pesar de que eran momentos difíciles e a economía non estaba na mellor situación, empeza a facerse realidade hoxe ”

Balseiro puxo en valor esta obra que permitirá ampliar e remodelar o centro, mellorar a asistencia sanitaria e ganar en calidade das prestacións médicas e en comoidade, dispoñendo dunhas instalacións sanitarias moito mellores, máis amplas, e acordes cos tempos de hoxe.

A Xunta iniciará en verán as obras de ampliación e mellora do Hospital da Costa, en Burela, mediante un investimento de 12,8 millóns de euros tras desenvolverse hoxe as catas xeolóxicas necesarias para redactar o proxecto.

Exit mobile version