Site icon Crónica3.com A Mariña

Bos resultados para o Club de Atletismo Lourenzá na media maratón A Reconquista e na carreira popular Concello de Friol

IMG-20160529-WA0020Lourenzá, 29 de maio de 2016.- Este sábado pasado o Club de Atletismo Lourenzá tivo representación na figura de José Gavín na media maratón que desde Cangas de Onis sube aos lagos de Covadonga: A Reconquista. Espléndida, dura e coñecida carreira que o atleta logrou completar en 2h e 10 minutos.

O domingo desprazábanse ata Friol Óscar Buján, Marcos Rodríguez, Rubén Méndez e Marisa Ares para participar na IV edición da súa carreira popular “Concello de Friol”. Percorrido de 5km que logrou reunir 223 atletas só na categoría absoluta.

De alí o club regresou con 3 trofeos: o primero de Marisa, que se colaba en meta segunda da súa categoría, e dous máis do incombustible Óscar Buján, quen pese a unhas semanas de intenso adestramento para preparar o Campionato do Mundo de Duathlon por subgrupos de idade 30-34 que o próximo 5 de xuño se celebrará en Avilés, logrou un terceiro posto da xeral absoluta e un primeiro posto da súa categoría.

Cerca do podium, outra vez, Marcos Rodríguez, que pese a un espléndido tempo entraba cuarto da súa categoría e 19 da xeral.

Pola súa parte,Rubén Méndez entraba no posto 12 da súa categoría pese a estar un tempo separado da actividade deportiva.

Exit mobile version