Agora, con este novo programa P.R.I.A.P.E. para mulleres en situación de vulnerabilidade: “Muller, o teu traballo, a túa liberdade”, queremos dar un paso máis, e traballar de maneira personalizada, con aquelas mulleres que desexen reincorporarse ao mercado laboral, tras un longo período de desemprego. “A nosa misión, é a reinserción no mercado laboral das mulleres en situación de vulnerabilidade”, comenta Mary Fraga, presidenta de Mulleres En Igualdade Burela.
Desde este programa de emprego, ofrécese apoio para superar as dificultades específicas, que interferen ao longo de todo o proceso de procura de emprego, ata lograr a súa incorporación ao mercado laboral de maneira efectiva.
As mulleres que se decidan a participar no programa P.R.I.A.P.E. poden esperar de leste programa catro acciones básicas:
1. Orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, que faciliten a súa integración social.
2. Asesoramento xurídico e Psicolóxico.
3. Actividades formativas, cursos e xornadas orientadas á adquisición das competencias necesarias, para o desempeño profesional.
4. Deseño de itinerarios personalizados de inserción: Proceso continuo de apoio ás mulleres na elaboración, posta en marcha, e desenvolvemento do seu proxecto profesional.
COMO?
1. Establecemento do obxectivo profesional, a partir da análise da realidade persoal, (intereses, habilidades, actitudes, formación, e experiencia) e do mercado de traballo social.
2. Apoio e tutorización permanente na toma de decisións ao longo da actuación, desde as accións que facilitan o acceso ao emprego, ata as que permiten mantelo ou promocionalo profesionalmente.
3. Formación: pre-laboral, dirixida a potenciar os hábitos laborais e as habilidades e coñecementos transversais en diferentes postos de traballo: responsabilidade, actitudes e capacidades necesarias para traballar na iniciación das novas tecnoloxías.
4. Capacitación profesional, dirixida a facilitar ás participantes os coñecementos teórico-prácticos que demanda o tecido empresarial para o desempeño dunha profesión.
5. Intermediación laboral: procura de prácticas en empresas da zona.
6. Autoemprego: alternativa esencial de inserción para as persoas que máis dificultades atopan no acceso ao mercado de traballo normalizado.
O programa era presentado este martes 10 de maio na Casa do Concello de Burela.