Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolleu este xoves o Correlingua da Mariña 2016 no que participaron 1.600 estudantes de Primaria e Secundaria

050516 Foto CorrelinguaBurela, 5 de maio de 2016.- Burela acolleu na mañá deste xoves o Correlingua da Mariña 2016 no que participaron 1.600 estudantes de Primaria e Secundaria.

O alcalde, Alfredo Llano, manifestou que “foi unha honra acoller o Correlingua deste ano. Tivo moita participación e viñeron case 1.600 alumnos de toda a comarca, de Primaria e de Secundaria. Estiveron os profesores e axudantes con eles”.

O rexedor burelés asegurou que “estamos moi contentos, os xogos foron perfectos e houbo moita xente nas carreiras das diferentes categorías desde a praia da Marosa ata a praza da Mariña”.

Alfredo Llano subliñou que “foi unha mañá moi dinámica e penso que estivemos á altura das circunstancias. O Concello estivo axudando na organización e penso que fixemos o que tíñamos que facer. Colaboraron as Acias aportando unhas medallas moi bonitas de cerámica que fixo Eu Son en Burela e tamén contribuíu Eroski aportando augas, plátanos e chocolatinas para os atletas cando chegaron á meta”.

Finalmente o alcalde de Burela dixo que “foi unha mañá positiva e de participación de todos os colexios. Un día de irmandade de toda A Mariña a través dos estudante e os seus profesores”.

Exit mobile version