Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela procede estes días ao lavado dos contedores do lixo

la foto 2Burela, 26 de maio de 2016.- O Concello procede estes días ao lavado dos contedores de lixo, segundo ven de anunciar a edil de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.

A concelleira socialista indicou que “estes días estamos procedendo ao lavado dos contedores de recollida do lixo. É un proceso que se realiza varias veces ao ano para ter estes recipientes o máis limpos posible e agora que se achegan os días grandes das festas patronais do noso pobo, queremos que todo estea perfecto para disfrute dos nosos veciños e veciñas e de todos os que se veñan a Burela. Os traballos comezaron a principios desta semana e rematarán nuns días”.

Noelia Mª Ben aproveita para lembrarlle á cidadanía “a necesidade de depositar o lixo en bolsas que estean ben pechadas para evitar que os desperdicios queden soltos polos contedores. Si todos intentamos facer ben as cousas iso redundará na mellor imaxe que ofrecerá a nosa vila”. E insiste en que “agora que chega o calor sería bo que todos nos concienciemos de depositar o lixo nos contedores polas noites, para evitar cheiros innecesarios durante o día”.

A edil de Medio Ambiente insiste na importancia que ten a reciclaxe para o medio ambiente: “cada cousa ten que ir ao seu colector. O papel e o cartón por un lado, os bricks, latas e envases por outro, o vidro debe deixarse nos seus contedores e o resto do lixo no colector verde. Si todos nos concienciamos iranos mellor a nós, pero sobre todo ao noso entorno natural”.

Exit mobile version