Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia e Balseiro manterán reunións coas Executivas locais dos populares en todos os municipios da Mariña lucense

FullSizeRenderViveiro, 30 de maio de 2016.- A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, e o recentemente elixido como coordinador comarcal dos populares da Mariña, José Manuel Balseiro, están a manter diversos encontros coas Executivas locais dos distintos concellos da comarca.

Na tarde deste luns reuníronse cos integrantes da Executiva do Partido Popular de Viveiro e este martes será a quenda dos populares de Burela. Na semana pasada xa se desenvolveron senllos encontros coas Executivas locais de Ribadeo e Foz.

Contacto directo
As xuntanzas están a servir como unha primeira toma de contacto coas distintas agrupacións locais logo da celebración dos congresos provincial e comarcal que supuxeron á elección da nova dirección. Nos mesmos se analizan distintas cuestións da actualidade local e comarcal, se presentan os mecanismos que se van a poñer en marcha desde a dirección provincial co obxectivo de mellorar o funcionamento interno do partido e a relación e apoios que se lles presta aos grupos municipais.

Un partido máis próximo
Un dos obxectivos principais da nova dirección provincial dos populares lucenses, no que veñen insistindo nas últimas datas, é o de facer un partido máis próximo, tanto ás distintas agrupacións locais como cos militantes e veciños.

Con esta finalidade se están deseñando dun xeito participativo novas liñas de actuación, e precisamente neste obxectivo se enmarcan estes encontros periódicos, que se irán celebrando por todos os concellos da comarca e tamén directamente co conxunto dos militantes.

As citas serven igualmente para poñer en marcha as engrenaxes dos equipos electorais en cada localidade de cara as dúas citas coas urnas que teñen lugar este ano: a repetición das eleccións xerais e as eleccións autonómicas.

Exit mobile version