Site icon Crónica3.com A Mariña

Cándido Pazó achega a Viveiro ‘Que comerá o rei?’ polo Ano Castelao

A Área de Cultura da Deputación escolleu diversos formatos para achegar a figura de Castelao a toda a poboación. Así, a través de obradoiros, teatro, audiovisual e tamén conferencias a figura do insigne autor galego estará
presente desde o 1 de abril e ata finais de ano en toda a provincia de Lugo.

“Nos vindeiros días daráse a coñecer as datas e horarios concretos dunha programación que se vai achegar a todas as comarcas lucenses”, tal e como explican desde a Área de Cultura. Polo de agora, ‘Que comerá o rei?’ de Cándido Pazó, unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao, viaxará ata Viveiro o 14 de maio ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz.

Exit mobile version