Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro Altair Burela prepara un acampamento en Rianxo do 26 de xuño ao 8 de xullo

cartaz_rianxo16_a4-01-1Burela, 11 de maio de 2016.- Entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2016 (13 días/12 noites) o grupo educativo de nenxs e monitorxs Chao de Castro Altair vivirá unha nova aventura para a memoria: marchan de acampamento a Rianxo.

Entre as moitas aventuras levarán a cabo algún percorrido pola ría en barco (probabelmente en veleiro), unha visita privilexiada á illa de Cortegada (onde se atopa o bosque de loureiros mais grande de Europa), actualmente deshabitada que forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas, descuberta do patrimonio arqueolóxico da zona (castros, petroglifos, etc), paseos por entornos de bosque autoctono até as fermosas praias da contorna, aventura a pé durante trés días pola zona costeira entre Rianxo e a Pobra durmindo en refuxios previamente identificados.

E QUE MAIS SE FAI NUN CAMPAMENTO ALTAIR?:

participación en tarefas cotías,
construcións ,
cociña saudábel,
camiñatas,
aventuras,
descubertas,
xogos de acampamento,
veladas,
lumes,
música,
danza,
cancións,
actividades en grupo,
natureza,
praia,
creatividade,
imaxinación,
compañeirismo,
socialización,
amizades ,
etc…

Coma sempre reservarán un día para a visita das familias ao acampamento, que será o domingo 3 de xullo. As familias poderán ir chegando cara ao medio día, poderemos xantar todos xuntos e até as 19 horas as familias e nenxs terán un tempo para estar xuntos, compartir as vivencias, mostrar o acampamento, dar un paseo, etc.

Para todas as persoas que estexan interesadas no proxecto, haberá unha reunión informativa o domingo 12 de xuño ás 19 horas. A reunión terá lugar na Casa da Xuventude de Burela. A data límite para se inscribir é o mércores 15 de xuño.

COTAS:

Rebaixa:*-50 % da cota para irmaos
Soci@s: 145 € (Facilidades de pago)
Non soci@s:
* Posibilidade de pago en tres prazos de 35€/48 € mais entrada respectivamente.O pago total farase antes do dia 8 de Xullo.
Até o 31 de maio:105 +entrada de 63€
Até o 15 de xuño: 144 € +entrada de 78 €

+ Información
-685325153/659737312
–chaodecastro.altair.burela@gmail.com

Inscricións: https://chaodecastro.wordpress.com/inscribete-aqui/

Exit mobile version