Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair organiza xogos de acampamento no Día do Neno das Festas de Burela

Burela, 23 de maio de 2016.- Este domingo 29 de maio entre as 16 e as 19 horas da tarde na Praza do Concello haberá xogos de acampamento altair con motivo do tradicional Día do Neno das Festas de Burela. O xogos de acampamento que se van desenvolver están dirixidos a nenas e nenos de entre 7 e 13 anos de idade. A inscrición nos xogos estará aberta até este venres 27 de maio na Casa da Xuventude de Burela ou por internet en https://chaodecastro.wordpress.com. As prazas son limitadas a 20 e as actividades adaptas ao número de participantes e ao grupo de idade. Os grupos de idade estarán baixo a supervisión de monitoras con grande experiencia pertencentes ao Grupo Educativo Chao de Castro Altair de Burela. Os xogos serán os típicos de campamentos, grupais, de confianza, descubertas, aventuras, de pistas, etc. Os grupos serán: de 7 a 9 anos (máximo 10 participantes), de 10 a 11 anos (máximo 10 participantes), de 12 a 13 anos (máximo 10 participantes)

Para mais información:
685325153/659737312
chaodecastro.altair.burela@gmail.com
https://chaodecastro.wordpress.com/
Búscanos en facebook!

Exit mobile version