Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro Altair prepara un acampamento en Rianxo entre o 26 de xuño e o 8 de xullo

Entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2016 (13 días/12 noites) o grupo educativo de nen@s e monitor@s Chao de Castro Altair vivirá unha nova aventura para a memoria: un Acampamento en Rianxo.

Entre as moitas aventuras levarán a cabo algún percorrido pola ría en barco (probabelmente en veleiro), unha visita privilexiada á illa de Cortegada (onde se atopa o bosque de loureiros mais grande de Europa), actualmente deshabitada que forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas, descuberta do patrimonio arqueolóxico da zona (castros, petroglifos, etc), paseos por entornos de bosque autoctono até as fermosas praias da contorna, aventura a pé durante trés días pola zona costeira entre Rianxo e a Pobra durmindo en refuxios previamente identificados.

Dentro das actividades periódicas semanais de Chao de Castro-Altair, o grupo ofrece este campamento a todas as persoas interesadas en coñecer as súas actividades e o seu proxecto a través duns días de xogo e convivencia na natureza.

Altair é un proxecto independente dedicado á educación integral nos tempos libres por meio da pedagoxía do proxecto e da acción e en contacto coa natureza.

Exit mobile version