Site icon Crónica3.com A Mariña

Clave de Fado presenta “Xanelas” en Burela

clave-fadoA relación entre Galicia e Portugal ten unha forte base histórica e cultural. A lingua Galaico-Portuguesa e o principal nexo de unión, pero non o único; as costumes, a cultura en xeral e sobre todo, o gráfico de emocións, e moi similar. Dende esta perspectiva nace Clave de Fado; un dialogo entre Galicia e Portugal ao redor da música do destino: O FADO.

A Delegación Municipal de Cultura, xunto á Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros e Auditorios e a propia AGADIC preséntanos este venres, 13 de maio ás 21.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela este fascinante concerto: CLAVE DE FADO Galicia e Portugal, navegando polo Atlántico… A saudade e a morriña van da man…

Clave de Fado, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o Fado.

O proxecto foi medrando, incluíndo outros estilos musicais, ampliando repertorio e conseguindo así un bo diálogo entre diferentes estilos, todos de moi diversa orixe, pero coa lusofonía como motor principal.

Con estes obxectivos claros e unha sonoridade moi particular, Clave de Fado consegue concerto , tras concerto, atraela atención do público, un público cada vez máis numeroso.Acadando un éxito tras outro nas súas presentacións, Clave de Fado comeza a compoñer temas propios, dándose a coñecer no mundo da cultura galega.

Pasan os anos e o grupo, animado pola gran resposta que está a ter a tódolos niveis, decide dar un paso máis e a principios do 2014 únese a eles un novo membro , Paco Dicenta, un recoñecido músico multidisciplinar, que aportará a Clave de Fado a sabedoría dun músico consagrado e cun gusto exquisito.

Coa formación ben consolidada, Clave de Fado proponse un reto: gravar o seu primeiro disco. O resultado é “Xanelas”, un disco completo , composto de versións de grandes temas da música galega e portuguesa e temas propios ( fados galegos, bossas fadeiras, cantiga galega afadistada…), para o que contaron ademais coa participación de Uxía Senlle, Isaac Garabatos, Sapoconcho, David Outumuro e Dani López.

Trala gravación do disco, un dos co-fundadores, Pepe Piña, decide deixala formación para dedicarse ao seu proxecto persoal, e pasa a formar parte do grupo o recoñecido compositor e guitarrista Isaac Garabatos, que co seu estilo virtuoso e moi actual , contribúe a lograr o obxectivo do grupo: conseguir un son propio, único.

Clave de Fado actualmente está a recibir moi boas críticas, referidas tanto aos seus directos como ao seu disco, “Xanelas”.

Exit mobile version