Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza o Resurrection Fest Band Contest Arehucas 2016

unnamedViveiro, 4 de maio de 2016.- Xa está aquí o BAND CONTEST AREHUCAS RESURRECTION FEST 2016!

Un ano máis, e xa van catro edicións, a organización do Resurrection Fest dá a oportunidadé á túa banda de que forme parte do cartel da edición do Resurrection Fest 2016. Chega o Band Contest do Resurrection Fest! Nesta ocasión, ccóntase coa colaboración dun dos patrocinadores do festival, AREHUCAS. As votacións realizaranse vía Facebook e a través dun xurado especializado.

Bases
-Poderán participar todas as bandas que se atopen en estilos comprendidos entre o metal, hardcore, rock e o punk en todas as súas vertentes.

-Haberá dúas etapas: durante a primeira, a organización filtrará un certo número de bandas que pasarán á final. Despois, as bandas seleccionadas para participar na edición del Resurrection Fest 2016 serán seleccionadas de dúas maneiras: por un lado, dúas serán elixidas mediante votación popular vía Facebook, e por outro teremos a unha terceira banda que será seccionada por un xurado especializado formado por músicos profesionais
.
-Cada banda deberá ser capaz de tocar en directo un repertorio PROPIO de 25 minutos no que as versións e os playbacks non estarán permitidos. Orquestacións e samples estarán permitidos sempre e cando formen parte do show e NON SEXAN O SHOW.

-Quedará prohibido pedir votos a cambio de premios.

-Ningunha banda participante deberá ter tocado no festival grazas a anteriores edicións do Band Contest do Resurrection Fest.

-Deberase proporcionar a través do formulario da aplicación oficial do concurso os seguintes datos da vosa banda:
Membros da banda.
Unha breve biografía (a poder ser en español e inglés).
Facebook e Twitter da banda, en caso de ter.
Bandcamp, YouTube, Spotify, Soundcloud ou calquera outro tipo de soporte onde poder escoitar á banda.
Unha ligazón para escoitar a canción principal ou máis representativa da banda.
Será necesario compartir o cartel do Band Contest do Resurrection Fest no Facebook oficial da banda.

-Poderás inscribir a túa banda desde o mércores 4 de maio ao domingo 15 de maio.
-O bandcontest limitarase a bandas procedentes de España, Francia e Portugal.

Semifinais
De entre todas as bandas inscritas que cumpran os requisitos anteriores, a organización escollerá a 15. Desas 15 bandas 3 serán as elixidas para participar na edición deste ano do Resurrection Fest. Estas 3 bandas serán elixidas de dúas maneiras: 2 por votación popular e 1 elixida por un xurado especializado composto por músicos profesionais. Poderedes realizar as vosas votacións desde o luns 16 de maio ata o mércores 25 de maio.

Final
As bandas gañadoras serán anunciadas o venres 27 de maio nas redes sociais do Festival, e formarán parte do cartel do Resurrection Fest. Como premio, estas tres bandas actuarán no escenario Chaos Stage do Resurrection Fest 2016.

Desde la organización desexan moita sorte a todos!

Inscrición: https://apps.facebook.com/rf_bandpoll/
Máis información: http://www.resurrectionfest.es/bandcontest/

Exit mobile version