Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou o Desafío Volta a Lugo de Ciclismo

IMG_7040Lugo, 20 de maio de 2016.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou na Praza Maior do Concello de Lugo, no corte de cinta simbólico que dá comezo o Desafío Volta a Lugo de ciclismo, estivo acompañado polo Concelleiro de Deporte do Concello de Lugo, Miguel Fernández, así como polo presidente do club organizador, o Club Ciclista Cidade de Lugo, Xosé María Seijas.

O Desafío Volta a Lugo percorre as comarcas de Lugo en tres etapas diferenciadas: A primeira ten unha distancia de 87,3 kms e conta con saída na Praza Maior do Concello de Lugo e finaliza na Praza do Concello de Muras, a segunda sae do mesmo punto de finalización da primeira etapa (Praza do Concello de Muras) e termina tras percorrer 117,3 quilómetros na rúa Castelao de Sarria. A terceira e última etapa sae de Sarria e finaliza no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo logo da realización de 128 quilómetros e superar un desnivel positivo de 2420 metros, durante o trazado sacenderán tres portos de terceira categoría, un de segunda e un de primeira.

Na edición do 2016 tomaron a saída 200 ciclistas o que supón un 30% máis que na anterior anualidade, cabe lembrar que desde o 2015 a Volta as Comarcas está dirixida a cicloaficionados e non se trata dunha carreira competitiva.

Antonio Veiga destacou “ a boa acollida entre os aficionados o ciclismo que a bo seguro desfrutarán das marabillosas rutas que con esmero preparou o Club Ciclista Cidade de Lugo, sen dúbida esta proba saca a relucir o gran escaparate que é a provincia de Lugo como escenario de organización de competicións e eventos deportivos o aire libre, desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos este evento pois é garantía de éxito de participación e serve como difusión dos concellos da provincia, así mesmo serán moitos os deportistas de fóra de Lugo que se acheguen até as nosas comarcas co que esperamos que a proba sexa positiva na conta de resultados dos hoteis e locais de hostalería de diversas localidades nos que estarán deportistas, familiares e amigos.

Exit mobile version