Site icon Crónica3.com A Mariña

Completo o cartel da Warm-Up do Resurrection Fest para o 6 de xullo

Arnette presentan e patrocinan a festa de presentación, Warm-Up, do Resurrection Fest, o primeiro día do festival, o mércores 6 de xullo. Coma o ano pasado, será dentro do recinto no noso Ritual Stage, e será o quecemento perfecto para os tres días de festival.

Este ano encabezan unha das bandas máis pedidas por unanimidade tralo seu directo o ano pasado: Skindred que levarán novo disco e máis temazos para bailar e saltar. Séguenlle unha das bandas de rap metal máis coñecidas de España, o andaluces Narco, que desatarán a tolemia no escenario.

Desde Alemaña participarán a Eskimo Callboy e o seu famoso “electrocore”. Non deixarán a ninguén indiferente e montarán unha nova festaza chea de breakdowns e electrónica. Imos moito máis lonxe, porque desde Rusia chega unha das sensacións do metal do momento: Siberian Meat Grinder, thrash metal sen contemplacións que nos fará virar en circle pits durante horas. Desde o noso país veciño, chega unha das bandas de hardcore máis míticas de Portugal, For The Glory. E por último, o deathcore dos barceloneses Hyde Abbey e a un dos gañadores do band contest abrindo o festival.

Como novidade, este ano a entrada para o mércores pasará a custar só 5 euros, e incluirá unha lata de Monster no prezo da entrada, grazas ao patrocinador Monster Energy. As entradas poderanse recoller no despacho de billetes ao chegar e en puntos de venda en Viveiro.

Exit mobile version