No mediodía deste domingo, á altura do desguace de Cervo, levouse a cabo a crucifixión do actual xefe do executivo español, o presidente Mariano Rajoy Brey. Un grupo de veciños, cansos da infrutuosa queixa en relación co estado da estrada nacional N-642, única canle de comunicación vial entre as localidades de Barreiros e San Cibrao, decidiron pasar á acción e optar pola vía “xacobina”. Baixo os lemas “un plato es un plato y una focancha es una focancha” e “Cervo, paraíso das focanchas”, un domingo 8 de maio foi axustizado publicamente o presidente do goberno.
Para escarnio do executado e advertencia pública, o retrato que simulaba a súa crucifixión quedou apeado na marxe dereita da vía, simbolizando tamén a lonxanía dos días de viño e rosas, daqueles tempos no que se asfaltaban ata os galiñeiros…
Enténdase todo o relatado coma un exercicio sano de sarcasmo, do mesma forma que a propia crucifixión; nestes tempos o estado de dereito dota aos cidadáns dun medio para a resolución pacífica das súas controversias coa administración: a xustiza. A mesma administración –neste caso de xustiza- resolve como xulgadora implacable as disputas que poida ter o administrado con ela mesma, vamos, o que tradicionalmente se chamou ser xuíz e parte.
E de xustiza vai tamén o presente artigo, porque en esta mesma semana o Xulgado de Instrucción nº 2 de Viveiro resolveu o arquivo das dilixencias abertas na resurrección dun antigo alcalde. A denuncia que motivaba o procedemento penal tiña por base a suposta malversación de fondos públicos a través de axudas concedidas á organización do Resurrection Fest.
O Auto que determinaba o arquivo era explícito en canto ao seu contido:
“…gastar o no dinero público en mobiliario urbano más o menos sofisticado, en festejos, festivales musicales, fomento del deporte o y la cultura de base, o en la organización de grandes eventos (…) es una elección política cuyo control fundamental es también político y democrático…”.
“…lo cierto es que tal destino no puede calificarse como privado, pues lo que se pretende con la financiación del festival no es un interés patrimonial o privado de ninguna persona en particular, sino la promoción de la localidad a través del festival, y con tal objeto se realizan los gastos…”
Con respecto á crucifixión non fixo falta, neste caso, agardar ata o terceiro día, pois o martes 10 puido circular un servidor co seu vehículo polo controvertido tramo, onde observaba un Rajoy impertérrito todavía colgado da súa cruz, pero xa con había “focanchas”.
Con respecto á “resurrection” de Viveiro, ao final parece que terá que pospoñerse para vindeiras datas; o sentido do Auto de arquivo é claro, limpo e transaparente.
Como síntese da paixón, axustizamento e resurrección das distintas partes implicadas dicir que só dependeron da vontade dun único pai: a administración.