Site icon Crónica3.com A Mariña

Darío Campos demanda que Radioterapia no HULA funcione “a pleno rendemento”

depu-aeccO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo –AECC-, Mari Luz Abella, participaron este xoves na Cuestación Anual que realiza este colectivo na mesa recadatoria situada no Pazo de San Marcos. Campos Conde reivindicou “que Radioterapia no Hula funcione a pleno rendemento, xa que moitos doentes de Lugo teñen que seguir desprazandose a outras provincias par ser atendidos”. Isto débese a que as instalacións do Hopsital lugués só teñen capacidade para atender ao 50% dos lucenses que sofren cancro. Por este motivo, a Deputación, ao igual que miles de lucenses, siguen reclamando á Xunta un servicio completo de Radioterapia ao igual que teñen as restantes provincias galegas. De feito, esta é unha das petición que máis de 43.000 lucenses fixeron na ILP co maior respaldo na historia do Parlamento galego, aprobada por unanimidade, pero sen cumprirse.

Os datos da AECC din que 1 de cada 3 homes, e 1 de cada 4 mulleres, serán diagnosticadas de cancro ao longo da súa vida. 1.500.000 españois sofren esta enfermidade. E cada ano aparecen 200.000 novos casos.

“Síntome moi orgulloso de estar hoxe aquí, convosco, traballando, colaborando e apoiando a Asociación Española contra o cancro, porque son consciente de que esta enfermidade pódese curar cos avances médicos, pero sobre todo impulsando e mellorando a prevención. Dende a Deputación de Lugo, estamos a vosa disposición para traballar, para colaborar e para reivindicar máis investimentos en prevención, en campañas de investigación e en apoio as familias”, sinalou Campos.

O lema de este ano da campaña da AECC é “No te imaginas todo lo que un euro pone en marcha”, a asociación ten colocadas varias mesas pola capital luncense. A cuestación servirá para financiar proxectos de investigación oncolóxica, prestar asistencia psicolóxica ou desenvolver actividades con cativos afectados.

Exit mobile version