Site icon Crónica3.com A Mariña

David Álvarez da Pontenova, Mariló Cociña de Burela, Jose Ramón Soto de Cervo e Alba Rodil de Ribadeo completan a Mesa do Congreso Comarcal do PP da Mariña

Viveiro, 12 de maio de 2016.- O presidente do Comité Organizador do Congreso Comarcal do PP da Mariña, Antonio Basanta, deu conta este xoves da composición definitiva da Mesa encargada de supervisar o desenvolvemento da cita congresual que terá lugar este domingo, día 15, a partir das 10.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Si día atrás anunciaron que o focense Pablo Fernández Asensio, actual xefe territorial da Consellería do Mar será o presidente da mesa, hoxe explicaron que lle asistirán nesta responsabilidade catro compañeiros: o presidente do PP de A Pontenova, David Álvarez, a avogada de Burela, Mariló Cociña, o cervense Jose Ramón Soto e, en representación do Comité Organizador, Alba Rodil de Ribadeo.

Afiliados e simpatizantes do Partido Popular da Mariña están chamados a participar neste primeiro Congreso comarcal que, como principal novidade, suporá a primeira cita na que os militantes poderán escoller co seu voto directo ao Coordinador comarcal e a composición da súa Executiva.

O secretario do Parlamento de Galicia e concelleiro en Cervo, Jose Manuel Balseiro é o único aspirante a figura de Coordinador comarcal unha responsabilidade que adquire maior relevancia logo do compromiso da dirección provincial que preside Elena Candia de revitalizar as estruturas internas apostando por un partido máis próximo e participativo.

Tras a celebración do Congreso comarcal os afiliados e simpatizantes populares están chamados a un xantar de confraternidade, para o que se instalará unha carpa nas inmediacións do pavillón polideportivo municipal de Viveiro, xunto ao cámping, na zona dos institutos. Tanto a sede provincial como os distintos Comités Locais teñen a disposición das persoas interesadas as tarxetas a prezo de 25 euros.

Exit mobile version