Site icon Crónica3.com A Mariña

De ruta do Portiño de Morás ao Faro Roncadoira con Pasada das Cabras e Alcoanos en Movimiento

OLYMPUS DIGITAL CAMERA26 de maio de 2016.- Este xoves, e seguindo coa colaboración de Pasada das Cabras coa Fundación Alcoa e en concreto co seu programa de Alcoanos en Movemento, percorreron os aproximadamente 9 Km. que separan o Portiño de Morás e o Faro da punta Roncadoira.

Unha ruta belísima onde se pode contemplar todo o encanto da costa mariñá: o propio Portiño de Morás, a illa de Sarón, a praia de Portocelo, as ruínas da igrexa de San Tirso e por último o Faro Roncadoira, unha paraxe única onde para finalizar a actividade con Alcoa gozaron todos xuntos dun aperitivo.

Exit mobile version