Site icon Crónica3.com A Mariña

Dez establecementos participan na IX Ruta dos Pinchos do Vicedo

O Concello do Vicedo, coa colaboración da ACIA do Vicedo, organiza a novena Ruta de Pinchos que se desenvolverá o sábado 7 e o domingo 8 e o venres 13 e o sábado 14 de maio en dez establecementos hostaleiros divididos en dúas rutas.

Por unha banda, o Chiringuito de Abrela (Suegos), Restaurante Area Grande (San Román), Casa Fanego (San Román) e Café Bar Alba (O Folgueiro) ofrecerán as súas tapas na primeira fin de semana; mentres que, por outra, a cafetería da Casa da Cultura, Mesón O Remo, Café Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Merendero Los Árboles (Xilloi) e Café Bar Galatea servirán os pinchos da ruta entre o 13 e o 14 de maio.

De calquera xeito, o seu prezo será de 1,50 euros e o horario será de 20.00 a 23.00 os sábados e de 12.00 a 15.00 horas, o domingo.

Haberá premio para o mellor pincho votado polo público e sortearase un vale de 200 euros entre os votantes. A entrega dos premios terá lugar o luns 16 de maio ás 18.00 horas na Casa da Cultura.

Exit mobile version