O Ribadeo recibía ao Noia na trixésimo oitava xornada da Liga sen nada xa en xogo para ningún dos dous equipos que descenden de categoría e xogarán, a vindeira temporada, en Preferente Norte.
A pesar dalgunhas ocasións para ambos xa na primeira metade, o partido remataba con empate a 0.
O conxunto celeste mantíñase en postos de descenso dende a oitava xornada. Deste xeito, remata a segunda temporada do Ribadeo FC en Terceira Nacional con 35 puntos ao seu favor e na décimo oitava posición da táboa.