Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celebrouse en Xove o Campionato Provincial de Patinaxe Artistica

IMG_4771Xove, 30 de maio de 2016.- Este domingo pasado día 29 de Maio, celebrouse no Pavillon Municipal de Xove, o Campionato Provincial de Patinaxe Artistica, organizado pola ACD.XOVE, e ca colaboración do Concello de Xove, Federación Galega de Patinaxe e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

Neste Campionato Provincial participaron un total de 120 patinadores-as de CP. Campelas (O Saviñao), EM. Chantada, EM. Monterroso, ED. Lourenzá, e ACD.Xove.

Na categoría de Primaria Grupo Pequeno proclaramonse Campionas Provinciais, as patinadoras do CP. Campelas de O Saviñao, quedando segundas as patinadoras da ED.Lourenzá.
Na mesma categoría de Primaria, pero en Grupo Grande, proclamaronse Campionas Provinciais, as patinadoras da ACD.XOVE, quedando segundas as da EM.Monterroso.

En categoría de Secundaria Grupo Pequeno, Campionas Provinciais as patinadoras do CP.Campelas de O Saviñao e segundas as da EM.Monterroso.
Na mesma categoría de Secundaria, pero en Grupo Grande, Campionas Provinciais a EDM de Chantada.

O remate do Campionato celebrouse unha Exhibición dos alumnos-as da Escola de Patinaxe da ACD.XOVE

Finalizando coa entrega de Trofeos, medallas e recordos para todolos participantes.

Exit mobile version