Site icon Crónica3.com A Mariña

Eu Son recibe información sobre a biodiversidade

charla-biodiversidadeO 22 de maio celebrouse o Día Internacional da Diversidade Biolóxica e este xoves as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia impartiron unha charla baixo o título de Biodiversidade aos usuarios de Eu Son. “Nela os rapaces puideron aprender a respectar a biodiversidade, coñecer o importancia de conservala e o que nos proporciona. Con pequenas accións como chamar ao Seprona se atopamos un animal ferido, non facer lume no monte ou non sobreexplotar os recursos cos que contamos. Todos podemos facer algo pola biodiversidade do planeta”, explicaron as monitoras de Gaia.

Exit mobile version