Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro insta mediante moción ao goberno municipal a reparar o firme da rúa Constitución

Foz, 19 de maio de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No Casco Urbano do noso Concello temos a Rúa Constitución, unha Rúa que fai uns anos sufriu unha reforma integral, mellorando considerablemente o seu firme, colocando pranchas de granito e adoquínes, a maiores de cambiar o saneamento, instalar pluviais e renovar a rede de auga . Sen embargo seguiuse permitindo o paso de vehículos de peso superior posiblemente ó recomendado para este tipo de firme, o que foi ocasionando co paso do tempo que o formigón das arquetas se fora rompendo, quedando estas soltas, e os adoquines fóronse movendo provocando subidas e baixadas destes.Dende FPF consideramos que é unha pena que despois de gastar unha importante cantidade de diñeiro na reparación integral desta Rúa, a día de hoxe teña este estado actual.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
Instar ó equipo de goberno do Concello de Foz faga as xestións oportunas para dar solución ós problemas anteriormente descritos.

Exit mobile version