Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz, Plataforma de Futuro pide mediante moción que se ordene o tráfico e adecente o firme da rúa Atalaia

Foz, 27 de maio de 2016.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No Casco Urbano do noso Concello temos a Rúa Atalaia, unha rúa que ten un paso importante de peóns e vehículos ,e que despois do boom da construción, quedou nun estado de abandono que a día de hoxe vai en aumento. Como se pode comprobar na foto que axuntamos a esta moción vese que o seu firme está en mal estado, así como tamén, ó ser unha rúa de dobre sentido hai momentos nos que o transito non é fluído ó haber un estreitamento da metade ó final da rúa.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

Instar ó equipo de goberno do Concello de Foz proceda a adecentar o firme da Rua Atalaia e ordenar o tráfico para que sexa mais fluido.

Exit mobile version