EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na parroquia de Vilaronte, temos un enlace para incorporarnos ou abandonar a N-642, á altura do alto de Mañente, que ó mesmo tempo serve e é utilizada por moitos vehículos para facer un cambio de sentido. Este enlace tamén serve para dar servizo ó barrio de Mañente e máis é o enlace que une a antiga estrada N-642 e da aceso ós Fondás. Nos últimos tempos recibimos numerosas queixas de veciños e usuarios desta vía que se encontra en moi mal estado, e así o acreditan distintas fotos que axuntamos a esta moción.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación e posterior apoio do seguinte acordo:
-Instar ó organismo competente proceda a reparar este tramo de estrada para dar solución ó mal estado no que se atopa na actualidade.