
Dolores Montenegro Vázquez, veciña de Alfoz, celebrou o pasado 15 de maio o seu 101 aniversario. Na casa da súa filla Maria Carmen, no barrio da Espiñeira, da parroquia focense de Vilaronte, onde celebrou este día especial, esta veciña da parroquia do Castro de Ouro, foi visitada por representantes do Concello de Alfoz. Carmen Geada Maseda, concelleira de Igualdade e Benestar, e Xabier Pardiñas, tenente-alcalde de Alfoz, foron os encargados de facerlle entrega duns agasallos como “símbolo do cariño e recoñecemento de todo o pobo á nosa veciña de maior idade” segundo indica Pardiñas, para quen, a visita a Lola, como a coñecen cariñosamente os vecinos do Castro, foi moi emotiva pois “durante moitos anos vivimos porta con porta polo que me trae moitos e fermosos recordos”. A homenaxeada, que tamén se emocionou con este reencontro, estivo arroupasa en todo momento pola súa familia máis próxima neste día de celebración.