Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe a Arcadio Mon en Radio Burela

IMG_3206Burela, 5 de maio de 2016.- O programa Parolando da Radio Burela quixo contribuír á serie de homenaxes que estes días se dedican ó músico Arcadio Mon, falecido a semana pasada. Este xoves día 5 xuntáronse no noso estudo vellos compañeiros de Arcadio na orquestra Los Mejoranos: Chis, Alfonso, Fernando e Luís Río. Connosco lembraron aqueles difíciles anos nos que todos (e Arcadio tamén) comezaron no mundo da música, a riqueza en músicos da zona do Valadouro, e tamén a personalidade xenerosa e altruísta de Arcadio, o seu enorme talento musical, as súas contrastadas dotes pedagóxicas na Escola de Música de Foz e o seu encomiable compañeirismo. Tamén contamos coas intervencións telefónicas do Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e dun ex alumno de Arcadio na Escola de Música de Foz, Jesús. Foi un dos programas máis emotivos de Parolando na Radio Burela.

O programa pódese escoitar no servizo de Radio á Carta da emisora, na seguinte ligazón: http://www.ustream.tv/recorded/86435348

Exit mobile version