Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe municipal en Burela ao campión galego cadete

recepcion-cadeteconcello16Burela, 27 de maio de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén Cadete A foi recibido este xoves no Concello de Burela en recoñecemento polo seu recente título de campión de Liga Autonómica. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, fixeron os honores animando no seu traballo e felicitando a xogadores e corpo técnico, que acudiron acompañados polo presidente e vicepresidente da entidade, Manuel Blanco e José Luís Sáez.

O equipo de Christian Fustes disputará a fase previa o Campionato de España a próxima semana en Castrourdiales (3-5 de xuño) con Lauburu KE Ibarra, campión do País Vasco, Alhambra de Guijuelo, campión castelano-leonés, Moprisala, campón de Castela-A Mancha, e o anfritrión, como campión cántabro. Antes, terá que facer parada na fase final da Copa Galega o domingo en Lugo, que se disputarán os catro primeiros clasificados de liga; xunto aos laranxas gañáronse este privilexio Santiago Futsal, Lugo Sala FS e Campito FS.

Exit mobile version