Un grupo de profesores e alumnos da Escola Municipal de Música de Xove ofreceron este luns 9 de maio un concerto para presentar o TALLER DE INICIACIÓN MUSICAL que a nosa Escola está a organizar para os alumnos que desexen participar do Colexio Pedro Caselles Rollán. O concerto, que se desenvolveu no ximnaso do Colexio Pedro Caselles, contou cuns 150 alumnos do mesmo. O taller vaise desenvolver na sé da Escola M. de Música, no antigo Colexio de Palmeiro, dende o 18 de maio ata o 22 de xuño.