Site icon Crónica3.com A Mariña

Iria Rodríguez, das E.D. Lourenzá, triunfa na Popular de Friol en categoría Benxamín, e Ainara Rodríguez, subcampiona na categoría infantil

iria rguezLourenzá, 30 de maio de 2016.- Dous novos pódiums colleitaron os atletas das Escolas Lourenzá este pasado domingo na prestixiosa Popular de Friol.

En categoría benxamín, triunfo incontestable dunha gran Iria Rodríguez que non daba opcións nunha carreira que dominou de principio a fin.

En infantil feminino, segunda posición para unha Ainara Rodríguez acostumada ós podiums.

Ademáis desprazaronse a Friol Cecilia Gómez, Marta Alonso e Carme Alonso que ocuparon tamén as posicións dianteiras da proba pero sen subir ó caixón.

O vindeiro fin de semana turno o sábado 4 para os atletas que sexan admitidos no Galego Cadete en Ferrol mentres que o domingo 5 turno para os xuvenís no galego en Vigo. O resto da expedición laurentina estará en Sante (Trabada) o sábado 4 para participar nunha nova proba popular.

Exit mobile version