Site icon Crónica3.com A Mariña

LX Descenso Internacional do Miño e 3ª Regata da Liga Galega de Infantiles A e B para o Kayak de Foz

Dúas novas citas competitivas para o Club Kayak de Foz esta fin de semana: O LX Descenso Internacional do Miño-Lugo e a 3ª Regata da liga Galega de Infantís A e B.

O sábado día 21 a partir das 18.00 horas os cadetes Xoel García, Noel García e Juan Rivas participarán na LX edición do Descenso Internacional do Miño, proba organizada polo Club Fluvial de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo e puntuable para o Campionato Galego de Ríos e Travesías.

No concello de Rábade estará situada a saída para as modalidades de K1 e K2 nas categorías de home xuvenil, senior e veterán, que deberán percorrer 17 quilómetros e medio para chegar á meta, situada no Club Fluvial. Pola súa banda, os homes da categoría de cadetes, nas modalidades de K2 e C1, tomarán a saída ás 18.00 horas desde Ombreiro para cubrir un percorrido de 8 quilómetros, nun circuíto no que tamén remarán todas as categorías de mulleres, nas modalidades de k1, k2 e C1. Ademais de Xoel García, Noel García e Juan Rivas do Kaiak de Foz, figuran inscritos entre outros cadetes, nomes como os de Fran Silva ou David Ribeiro do Portonovo, Gabriel Pachón e Anxo González do Tambre Tenreira Galega, Saúl González do CP Viveiro, Ramón Fernández ou Miguel Estévez do Fluvial, todos eles futuras promesas do piragüismo lucense e galego. Con estes nomes, o descenso promete ser moi competido e rifado.

Xa o domingo 22, 396 padexeiros procedentes de 40 clubs de toda Galicia, das categorías Alevíns-A e Infantís A e B participarán, a partir das 11.00 horas, na terceira regata pertencente á liga Galega de Infantís, proba organizada polo Club Fluvial de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo e que se vai a celebrar nas instalacións da Escola de Piragüismo de Lugo. O Club Kaiak de Foz despraza para esta competición a dez padexeiros:

Muller Alevín-A: María Fernandez Martínez
Muller Infantil-B: Laura Fernández Muñoz
Muller Infantil-A: Lida Méndez Trigo

Home Alevín-A: Alberto Vázquez Veiga, Luís Vázquez Veiga e Daniel Rego Aira
Home Infantil-B: Sergio Rubio Pacios
Home Infantil-A: Brais Martín Fraga, Fran Rubio Pacios e Pablo López Fernández

Exit mobile version