Será na Área recreativa do Río Azúmara, en Castro de Rei, nunha xornada moi completa na que haberá lugar para roteiros, conferencias, actividades infantís, un aberto de billarda e xogos tradicionais, e na que tampouco faltará a música, que correrá a cargo de fomacións como Leña Verde de Pol, Os Valuros de Castro de Rei, a Banda Kibitka, Os Tres Trebóns, Mini e Mero, e Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, estes últimos interpretarán diversos poemas de Manuel María a ritmo de rock’n’roll.
Unha intensa xornada cultural en cuxa organización colabora a Área de Cultura da Deputación de Lugo a través do programa “Seráns Culturais”, porque, tal e como expresou o seu responsable, Xosé Ferreiro, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo non podía faltar nunha homenaxe ao noso poeta nacional coma esta, unha homenaxe do movemento cultural de base da provincia da que, sen dúbida, estamos seguros que Manuel María se sentiría orgulloso” dixo.