Site icon Crónica3.com A Mariña

Metendo a pata

É evidente e habitual no ser human cometer erros, meter a pata ata os Collins, que decia meu abó Xesus de Regal e, si alguén o descobre, tratar de sacala sen facer moito ruído. Ás veces ata se pide perdón pola equivocación cometida e trátase de desandar o camiño percorrido na medida do posible… aínda que iso non é aquí deporte nacional. Pero claro, hai certos erros que, por aquilo do cargo e da gravidade da equivocación, resultan imposibles de entender… e máis cando un ve a reacción daquel que comete a falta.

Visto o visto, estes dias e só lles falta a algunos ministros da cousa dos cartos tararear a canción de Aute e dicir que pasaba casualmente pola Moncloa e que, por esas cousas que uno nunca sabe como ocorren, un señor con barba canosa e pelo teñido de negro elixiunos como ministros do asunto dos cartos. Pero nada máis, oia, que polo demais un nin entende de facendas, bolsas, mercados financieiros, deuda publica incumplimento do deficit … nin de facer a O cun canoto. Así que, xa se sabe, a repartir culpas de tacón a torto e a dereito, e procurar defender o indefendible.

Si se vísen e oísen a si mesmos, o Señor Montoro e o señor Guindos exclamarían aquilo de “manda ovos” que tan famoso fíxo outro indocumentado, porque un debe ser intelixente e asumir os seus erros, as suas equivocacions, as faltas que comete sen tratar de escurrir o vulto e pasar de longo. Non facer iso, é dicir, non agachar a cabeza, aguantar o chaparrón e recoñecer todas e cada unha das culpas, demostra que hai quen perden a decencia e a vergonza cando adquiren un cargo, anque sexa de ministro.

Exit mobile version