Site icon Crónica3.com A Mariña

Mini, Aarón, Pitero e Xosé defenderán a Lugo no galego xuvenil

Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón defenderán a Selección de Lugo no Campionato Autonómico Xuvenil, que se disputará en Pazos de Borbén o Día das Letras Galega, martes 17 de maio.

O combinado lugués compartirá o Grupo II con Vigo e Ourense. O Grupo I estará composto por Santiago, Pontevedra e A Coruña.

Os catro xogadores laranxas participarán esta tarde no último adestramento preparatorio antes da gran cita; será en Baamonde ás 18.00 horas.

Nacional Infantil
O burelista Jorge Quelle está inmerso con Galicia Infantil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas en Murcia. Clasificouse para semifinais con derrota inaugural do mércores ante Castela-A Mancha (4-3) e triunfo fronte ás Baleares (6-3); mañá loitará polo billete para a final con Andalucía (11.00 horas).

Exit mobile version