Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e proxección audiovisual na celebración das Letras Galegas 2016 en Viveiro

Viveiro, 11 de maio de 2016.- Dentro da extensa programación para a conmemoración das Letras Galegas, o Concello de Viveiro ten previsto para as próximas datas, os seguintes actos:

Día 16 de Maio ás 21.00 h. : CONCERTO de música de autores galegos a cargo dun Ensemble da Banda Municipal O Landro deViveiro, no multiusos do Concello.

Día 17 de Maio ás 12.00 h: Actuación do grupo “SONS DE CELEIRO” e a “CORAL ALBORADA DE VIVEIRO, na praza da Fontenova.
Nesta praza tamén estarán presentes cos seu stánds as librería Neira-Brochs e Porta da Vila, donde se poderán mercar libros.

Día 19 de Maio ás 21.00: PROXECCIÓN DOCUMENTAL sobre a vida de MANUEL MARÍA, no teatro PASTOR DÍAZ.
Entrada gratuíta.

Dende o Concello agradecen a Librería Neira-Brochs, Librería Porta de Vila, ACD Penalba de Celeiro Grupo Sons de Celeiro, Banda Municipal O Landro de Viveiro e Coral Alborada de Viveiro a súa colaboración e participación desinteresada para realizar esta programación.

Exit mobile version