Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX Cervo valora a posible venda da planta de Alcoa como unha oportunidade

Cervo, 26 de Maio de 2016 – Esta semana cobran forza os rumores de venta da factoría de Alcoa San Cibrao e a formación político xuvenil de Cervo considera o posible cambio de donos da planta coma unha oportunidade para que teña lugar unha mellora do núcleo industrial a través dun renovado proxecto.

Segundo esta formación, esta transacción podería traer consigo un novo horizonte que debería ser positivo sempre e cando fose unha garantía dos postos de traballo, unas condicións laboráis dignas e a incorporación de mozas e mozos da nosa comarca ao seu persoal laboral. Esta xuventude está cad vez máis preparada, o cal podería ser unha das bases do éxito para o futuro da compañía. Baixo estas premisas a formación espera que as negociacións sexan un exemplo de xestión empresarial e transparencia. Dende a dirección da formación tamén lamentan que a posta en venta da factoría se produza sen haberse realizado as melloras necesarias durante os anos previos. Este feito houbera suposto un aumento da rendibilidade da factoría, feito que facilitaría a estabilidade das familias da comarca e garantaría tamén as condicións para que non se produxera o despoboamento dos nosos municipios.

Por tanto aproveitamos para instar, tanto aos actuáis donos coma aos potenciais, a un aumento da inversión nos procesos productivos de Alcoa para garantir a súa rendibilidade e o benestar da comarca.

Exit mobile version