Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración de Ribadeo en bici

Un venres máis de principios de mes, Ribadeo en bici propón unha concentración de usuarios da bici, non só de ciclistas, que en forma de auto-convocatoria, se concentrarán no Cantón ás 20.30 horas do serán. Tamén realizarán actos lúdicos para reivindicar os usos saudables da bicicleta e, ao mesmo tempo, permita visibilizar ao resto dos veciños, a necesidade de compartir espazos e usos. Esta autoconvocatoria é plural e poden asistir persoas de toda idade e condición. O único necesario é ter unha bici e gañas de pasalo ben.

Exit mobile version